|
NOTICIAS - NOVIDADES
Curso 2009-2010 |
ENTREGA DE TROFEOS. O domingo 20 de Xuño, a F.F.B. fixo entrega dos trofeos aos campións das competicións locais. O equipo Premini Masc. e o Infantil Fem. de primeiro ano recolleron os trofeos que lles acreditan como subcampións da Liga de Ferrol e Campións de Copa. Así mesmo os nenos do Infantil Masc. recolleron o seu trofeo como Campións de Liga e Copa.
|
 |
|
TORNEO EN PORTUGAL. Do 18 ao 20 de Xuño, o equipo Infantil feminino do colexio acudiu ao Porto, invitado polo SC Coimbrões para participar no "V Torneo Internacional Maximino Ferreira". As nosas xogadoras enfrontáronse a equipos do Porto, Lisboa, Barcelos, Aveiro e outras localidades portuguesas. Tres partidos gañados e tan só un perdido foi o balance do Mercedarias. |
FESTA DE COMPARTIR. Os alumnos de E. Infantil celebramos a nosa "festa de compartir" para despedir este curso. Todos os compañeiros levamos a clase un paquetito de patacas, gusanitos,... Todas esas cousas que tanto nos gustan e que no Cole non nos deixan comer habitualmente, pero un día é un día... Os nenos e nenas de Infantil desexámosvos a todos un feliz verán.
|
 |
|
CONCERTO DIDÁCTICO. O xoves 17 de Xuño os alumnos de E. Infantil desprazámonos ata o Cuartel de Dolores. Unha vez máis fomos moi ben atendidos. Ao principio da xornada presentáronnos aos seus cans e fixéronnos unha pequena demostración de todo o que son capaces de facer. Unha vez dentro do Cuartel, os compoñentes da Banda de música co seu Director á fronte ofrecéronnos un concerto didáctico. |
DE INFANTIL A PRIMARIA. O luns 14 de Xuño, a Directora reuniuse cos pais e nenos do último curso de Infantil para explicarlles as particularidades da E. Primaria. Durante o acto, as titoras entregáronlles uns diplomas que acreditan o fin desta Etapa. Ao finalizar cantáronlles unha canción aos familiares que lles acompañaron. Un acto moi emotivo que anuncia o fin deste curso.
|
 |
|
CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO. O sábado 5 de xuño celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego de Atletismo. Dos atletas que estaban clasificados, ao final participaron os infantís Héctor Rivas e Alejandro Seco e o alevín Rubén Soto. Os nosos 3 representantes subiron ao podio. Parabén |
FESTA VOZ NATURA. O día 5 de Xuño, Día Internacional do Medio Ambiente, un pequena representación de alumnos, profesores e pais acudimos á Festa Voz Natura. Alí nunha caseta expuxemos o traballo realizado ao longo do curso dentro do noso proxecto "A nosa Ría, rica, rica". Moitas persoas asináronnos o Acordo Internacional pola Biodiversidade para o que colaboramos cun colexio canadense (www.biodiversitymatters.org). Tamén tivemos tempo para a diversión e a convivencia.
|
 |
|
OLIMPÍADAS MATEMÁTICA E QUÍMICA. Os alumnos de 6º de Primaria participaron no rebumbio matemático e pasaron 3 alumnos á fase final e nas Olimpíadas de Matemáticas participaron catro alumnos de 2º ESO quedando clasificadas para a fase final dúas alumnas.
O número de alumnos presentados ás Mini Olimpíadas de Química foi doce ás probas locais, pasando á proba final dous alumnos do noso colexio. |
EXCURSIÓN A ARES. Os alumnos do Primeiro Ciclo de Primaria gozaron o pasado venres 28 de maio da súa excursión fin de curso na praia de Ares. Acompañounos en todo momento a climatoloxía e os nenos, como sempre, pasáronllo en grande, tanto no piñeiral como na praia, polo parque ou polo paseo fluvial.
|
 |
|
VISITA A ALCAMPO. Os alumnos de 1º de Primaria visitaron, o pasado mes de maio, as instalacións do hipermercado Alcampo de Ferrol. Coñeceron a caixa verde, a caixa amiga, as distintas seccións do supermercado: frutería, carnicería, pescadería, …. e ata gozaron dun delicioso e merecido almorzo. |
TORNEO DE BALONCESTO. Os equipos de minibasket masculino e feminino desprazáronse a Lugo o pasado domingo 30 de maio para disputar o I Torneo Alevín Mª Auxiliadora. Participaron un total de doce equipos, seis masculinos e outros seis femininos, pertencentes aos clubs Porta XI Ensino de Lugo, Basquet Coruña, Pontumio e Cristo Rei de Coruña. Foi unha estupenda xornada de baloncesto e convivencia, na cal o conxunto masculino quedou cuarto clasificado e o feminino alcanzou o segundo lugar da competición.
|
 |
|
EXCURSIÓN A SÁLVORA. O mércores 19 de Maio os alumnos de 2º de ESO realizamos unha visita guiada á illa de Sálvora, e pola tarde fomos tamén ao Grove. O tempo acompañounos e alli tivemos unha degustación de mexillóns e coñecemos un dos faros aínda habitados. |
IV Carreira Escolar Ensanche "A ." O 30 de Maio houbo unha nova edición desta carreira e como nas outras edicións, con representación dos nenos do Cole. Desde 6º ata Infantil foron competindo. Tamén se animou a correr algún papá e algunha mamá. Logo da entrega de trofeos procedeuse ao sorteo de agasallos. Algúns dos nosos compañeiros foron os agraciados.
|
|
|
EXCURSIÓN A OURENSE. O venres 21 de Maio os alumnos de 3º de ESO realizamos unha visita guiada polo casco histórico de Orense pola mañá e pola tarde fomos a bañarnos ás termas de Outariz. |
CARREIRA DA ARMADA. O domingo 23 de Maio, pola mañá, máis dun centenar de alumnos do Cole achegáronse ata a Escola Antonio Escano. O motivo era participar na III Milla Armada Española. Estes pequenos atletas completaron as distancias correspondentes ás súas idades. Esperamos que moitos repitan o vindeiro domingo 30 na carreira da A.VV. Ensanche A.
|
|
|
LIGA DE JUDO 2. O Sábado 22 de maio, pola tarde, o Pavillón do Colexio foi o escenario da 2ª Xornada da Liga de Judo. Á primeira hora, os máis peques fixeron unha exhibición do aprendido nos adestramentos de Judo. Os Judokas un pouco maiores tiveron que facer varios combates. Nas tres categorías conseguiron chegar ata a final. En Sub11 conseguiron gañar o ouro nunha moi igualada final. As categorías Sub13 e Sub15 conseguiron a prata. |
EXCURSIÓN A ARES. O 21 de maio os de E. Infantil fomos a Ares. Logo de suspender a excursión a Gandarío por culpa da choiva, por pouco hai que suspender esta por exceso de calor xa que nos obrigou a estar gran parte da xornada nas zonas de sombra. Pola mañá puidemos ir camiñar polo paseo e xogar un pouco na praia. Pero ao medio día foi obrigado ir ao piñeiral e hidratarnos. Despois de comer fomos pola ponte á beira do río, onde vimos a varias familias de patos cos súas crías. ¡Un bonito día de convivencia!
|
|
|
PROVINCIAL DE ATLETISMO. O sábado 15 de Maio celebrouse na Malata o Campionato Provincial de atletismo. Unha vez máis, o atletismo Mercedarias tiña representación. Boa participación por parte dos nosos compañeiros. |
LIGA DE JUDO. O 15 de Maio tivo lugar a primeira xornada de Liga de Judo, disputada no Colexio Mercedarias, que deixo como claros dominadores ao SHIAI da Coruña e ao Colexio Mercedarias de Ferrol. A segunda xornada realizarase tamén en Mercedarias a partir das 17:00h o Sábado 22 de Maio de 2010.
|
|
|
FESTA DE SAN PEDRO NOLASCO. O venres 7 de Maio celebramos no colexio a festividade de San Pedro Nolasco. Primeiro houbo unha celebración Eucarística, a continuación fíxose unha tómbola para recadar fondos para as nenas da rúa de México e para rematar houbo diversas exhibicións de baile e cancións de Infantil e Primaria e partidos de brilé entre Secundaria. |
VISITA A ALCAMPO. Os nenos e nenas de 5º de E. Infantil fomos a Alcampo. Alí esperábanos Araceli, do Club Rick-Rock, para guiarnos polo hipermercado. Levounos pola frutería, onde vimos algúns froitos que non coñeciamos, pola pescadería, carnicería, panadería... Ao final da visita invitounos a almorzar. Unha xornada diferente na que aprendemos e pasámolo ben.
|
|
LIMPEZA DE PRAIAS. O día 27 de Abril, dentro das actividades correspondentes ao proxecto VOZ NATURA e grazas á colaboración do OCEANO SURF CLUB, os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria puidemos realizar unha saída á praia de Doniños onde realizamos algunhas actividades.
|
|
|
VISITA AMBIENTAL. O pasado 21 de abril os alumnos de 4º de ESO acudimos a Cerceda para coñecer de cerca o Complexo ambiental de SOGAMA onde nos ensinaron as instalacións e mostráronnos como se tratan os residuos producidos en Galicia. Pola tarde fomos ao Aquarium Finisterrae na Coruña, onde unha experta guía mostrounos coas súas explicacións a fauna dos ecosistemas do Atlántico Norte. |
SAÍDA A SANTIAGO. O martes 20 de Abril, os alumnos de primeiro de ESO fixemos unha saída a Santiago onde visitamos o Museo do Pobo Galego e o Museo dás Ciencias da Universidade.
|
|
|
VISITA A OS BOMBEIROS. O mércores 21 de abril, os alumnos de 2º de Primaria recibiron a visita dun bombeiro que lles impartiu unha clase de seguridade e prevención. Ao día seguinte visitaron o Parque de Bombeiros de Ferrol, onde e como sempre os nenos e os non tan nenos gozaron de xeito abondo. Desde aquí dámoslle as grazas, especialmente a Quique, a Carlos e a todos os bombeiros do Parque de Ferrol. |
CONTACONTOS. O martes 20 de abril, os nenos de 5 anos e os do 1º Ciclo de Primaria recibiron a visita dun contacontos. Todos pasáronllo en grande co conto “Leocadio ou león”, un león ao que non lle gustaba cazar e que se fixo amigo dun elefante que perdera a memoria…
|
|
|
CAMPIONATO DE JUDO. O domingo 11 celebrouse en Lugo o Campionato Galego de Judo. Carlos Nebril e Iria Varela puideron competir ao haberse clasificado na fase anterior. Estes dous alumnos, de 1ºB de Secundaria, conseguiron subirse ao podium para recoller a medalla de prata, que os acredita como subcampións galegos de judo na categoría infantil masculino e feminino. Parabén mozos. |
ESTUDO DA FLORA E FAUNA INTERMAREAL DA RÍA. Os alumnos de 2º de ESO están traballando unha Unidade Didáctica elaborada polos profesores do Colexio co fin de que os alumnos coñezan as características da flora e fauna intermareal da nosa Ría. Por iso o día 15 de abril, acompañados polas súas profesoras visitaron a praia de Agarimo (Ferrol), onde aproveitando unha mañá con bo tempo, realizaron durante a bajamar, as observacións e tomaron datos para posteriormente no aula realizar unhas fichas identificativas de cada especie animal e de algas.
|
|
ATLETISMO EN PISTA. O sábado 10, nunha xornada na que quentou o sol, celebrouse a 2ª xornada de atletismo en pista. Unha vintena dos nosos atletas animáronse a participar. Algúns conseguiron moi bos resultados, pero todos pasárono moi ben. Haberá que esperar ao día 24, última xornada clasificatoria, para saber quen poderá participar no Provincial.
|
|
|
TORNEO DE BASKET. Os conxuntos do Mercedarias Hotel Suízo infantil e cadete terminaron en terceira posición no "VII Torneo Basket Feminino Lourenzá en Xogo" e no torneo Xacobasket Coruña disputados a pasada Semana Santa na localidade de Lourenzá e na Coruña. |
VISITA AO ACUARIO. O día 26 de marzo os alumnos do Primeiro Ciclo de Primaria tiveron a oportunidade de visitar e coñecer de primeira man o Aquarium Finisterrae na Coruña. Esta actividade foi posible grazas á participación do noso Colexio no Proxecto de Voz Natura.
|
|
|
SAÍDA AO CLUB DE CAMPO. O venres 26 os alumnos de E. Infantil fumos ao Club de Campo. Este ano non estamos tendo sorte co tempo. No primeiro trimestre, tivemos que suspender pola choiva a saída programada. Nesta ocasión fomos, e nos deu tempo a facerlles unha visita aos patos e ata darlles un pouco de pan... Pero a metade de mañá, o vento e a troada obrigáronnos a terminar a xornada no pavillón. |
VISITA Á PANADERÍA. O día 24 de marzo, os alumnos de 6º de Educación Infantil realizaron unha saída para visitar unha panadería. Explicáronlles o proceso da elaboración do pan e as máquinas que se utilizan, viron como se preparaba a masa e logo tiveron a oportunidade de amasar as súas barriñas, bolos e roscas para metelos no forno. Sorprenderon aos panadeiros cantando todos xuntos unha canción sobre o pan.
|
|
|
EXCURSIÓN A MARCELLE. O día 17 de Marzo, os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria fomos de visita ao parque zoolóxico Marcelle Natureza. Na excursión, ademais de pasalo moi ben, vimos e coñecimos diferentes especies animais. Ademais, os monitores que nos acompañaron dentro do recinto contáronnos e explicaron diversas historias sobre estes animais e a súa procedencia. |
PROVINCIAL DE JUDO. Na xornada de mañá do sábado 20 de Marzo, os judokas infantís do cole, competiron no Provincial de Judo celebrado en Cambre. O obxectivo era buscar o pase ao Galego. A esperas dos resultados oficiais, seguro que haberá reprsentación Mercedaria no Autonómico.
|
|
|
ATLETISMO EN ELVIÑA. O sábado 20 de marzo celebrouse a primeira xornada de atletismo en Pista. Nesta ocasión desprazámonos ás pistas universitarias de Elviña. A boa participación e actuación dos compoñentes do Atletismo Mercedarias resume unha xornada na que a choiva tamén fixo acto de presenza. (Fotos cortesía de Carlos P.) |
VOCES PARA O OCEANO. Un logro máis que fainos ilusión, e co que queremos transmitir o respecto aos mares e océanos. publicaron un artigo sobre o noso proxecto co título "Voices for the Ocean " na web da Comisión Intergobernamental Oceanográfica, organismo con sede en París integrado na UNESCO. Podedes velo na seguinte dirección:
http://ioc-unesco.org/.
|
|
|
ATLETISMO EN PISTA. O sábado 13 de marzo, no Palacio dos Deportes de Riazor, disputouse o Campionato Galego de Pista Cuberta. Héctor Rivas proclamouse Campión Galego en 50 m, batendo o record galego nas series cun tempo de 6" 98 e volviédolo a bater na Final cun tempo de 6" 85. Ademais deste OURO, tamén conseguiu proclamarse Campión Galego en lonxitude cunha excelente marca 4,62m. Tamén participaron Alejandro Seco en lanzamento de peso, e Helena Varela en 50m. Os demais atletas de Mercedarias que estaban clasificados, non participaron por diferentes motivos. |
TROFEO JOAQUÍN ROMERO. O sábado 6 de marzo disputouse unha nova edición do Trofeo Joaquín Romero de Campo a través. O escenario elixido foi o Piñeiral de Lobadiz, máis coñecido popularmente como Piñeiral de Doniños. A participación foi máis escasa do habitual debido á coincidencia con outras actividades deportivas. Nesa xornada fíxose entrega tamén dos premios á regularidade do Circuíto Ferrolán, que varios dos nosos compañeiros trouxéronse para casa. Tamén houbo premios á máxima particicpación, que un ano máis foi para o noso Colexio.
|
|
|
JUDO EN VILALBA. O sábado 6 de marzo os nenos e nenas do Colexio, que practican Judo, desprazáronse ata Villalba. Esta Vila foi a elixida para celebrar unhas xornadas de Judo dentro do programa "xogade" da Xunta de Galicia. Todos os competidores trouxéronse unha preciosa medalla e o cartón coas súas puntuacións. |
DUATLON ESCOLAR. O domingo día 7 de marzo disputouse na Malata unha nova edición do Dúatlon Escolar. A choiva non impidio unha boa participación de alumnos de Mercedarias, uns competindo co Tríatlon Ferrol e outros co Cole.
|
|
|
MARCHA CICLISTA. O venres 5 de Marzo celebrouse a 2ª Marcha ciclista Volta á Ría. A Marcha Ciclista foi todo un éxito con máis de 200 ciclistas entre alumnos, pais e profesores rodando nun circuíto urbano ao redor da Ría de Ferrol. cumprimos o obxectivo de fomentar o uso da bicicleta , á vez que concienciar de que temos a sorte de vivir a beiras da Ría de Ferrol, moi bela en paisaxe, pero moi rica en flora, fauna e patrimonio, que debemos preocuparnos por conservar. |
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA. O día 2 de Marzo os alumnos de 3º de E.S.O. fomos de visita cultural á cidade de Pontevedra. Na excursión realizamos unha visita guiada á zona monumental da cidade e logo ao Museo Arqueolóxico Provincial.
|
|
|
XORNADA MUSICAL PARA Os MAIS PEQUENOS O xoves 25 de febreiro pola tarde, os nenos de Educ. Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria gozaron dunha xornada musical organizada polos seus respectivos profesores de música Sonia e César. O evento celebrouse no Salón de Actos, contando con dous artistas invitados: Manolo Seijo coa zanfona e Josechu co acordeón, acompañados por dous profesores que sorprenderon gratamente aos nenos: Sonia coa pandereita e José María coa gaita. foi unha actividade moi positiva na que o noso alumnos cantaron, bailaron e divertíronse aprendendo un pouco máis sobre o marabilloso mundo da música. |
VISITA A OS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES. O pasado mércores 10 de febreiro, acompañados das súas titoras, os alumnos de 2º de ESO visitaron a Casa das Ciencias, asistindo a unha sesión no Planetario, así como a Domus, vendo alí unha película en tres dimensións que resultou espectacular e entretida.
|
|
|
EXCURSIÓN A MMANZANEDA. Os días 12,13 e 14 de Febreiro, os montañeiros do colexio estivemos de convivencia na estación de montaña de Manzaneda. Fixemos esquí, natación e diversas actividades, gozando moito da natureza, da amizade e do compañeirismo. |
O PORTO EXTERIOR E O MEDIO AMBIENTE. No marco dun mellor coñecemento da Ría, 81 alumnos de 3º e 4º de ESO desprazáronse ao porto exterior, onde visitaron, ademais das distintas instalacións portuarias propiamente ditas, a reconstrución da antiga batería de Viñas e o centro de interpretación de cabo Prioriño. Alí informáronlles sobre a formación xeolóxica da Ría, a elección como arsenal e estaleiro,e a súa evolución ao longo da historia.E o futuro, co porto exterior e os esforzos para minimizar o impacto ambiental, que era o que máis nos interesaba.
|
|
|
MARCHA CICLISTA RÍA DE FERROL. O próximo día 5 de marzo ás 16:00 horas ven á Marcha ciclista Ría de Ferrol. Podedes participar os alumnos a partir de 4º de Ed. Primaria, familiares e profesores. Queremos realizar un circuíto en torno da Ría de Ferrol, como concienciación da importancia de preservar o noso contorno, en especial o noso litoral. Nesta xornada de convivencia fomentaremos o uso da bicicleta entre os nosos alumnos como medio de transporte saudable. Non faltedes. Ao finalizar haberá sorteo de agasallos. Vídeo |
MARCHADORES. O noso compañeiro Adán García Fábregas se acaba de proclamar Campión Galego de Marcha en Ruta en categoría Cadete masculino mentres que María Naveiras Orjales en feminino conseguiu a Prata. Estes resultados fixeron que os seleccionen para representar a Galicia no Campionato de España de Federacións Autonómicas de Marcha en Ruta que se disputará en Ibiza o 7 de marzo. Tamén queremos felicitar á nosa exalumna Seara Méndez Muiños que conseguiu o bronce en categoría Promesa. Parabén.
|
|
|
FESTIVAL DE ENTROIDO DO APA. O sábado 13 o AMPA do Colexio organizou un baile de disfraces no Pavillón. Coa música, os bailes e os xogos os nenos, e non tan nenos, disfrazados pasáronllo moi ben. Tamén houbo os tradicionais sorteos de cestas de entroido e lotes de xogos.
|
ENTROIDO EN INFANTIL E PRIMARIA. O venres 12 celebramos o entroido. Os alumnos de Infantil nos disfarzamos cos traxes feitos en clase, compartimos sobremesas típicas desta festa e bailamos no pavillón. Tamén o venres disfrazáronse os alumnos de 1º e 2º de Primaria. Uníronse cos seus compañeiros de Infantil para bailar xuntos no pavillón.
|
|
|
SAÍDA DE 4º de ESO A SANTIAGO. O pasado día 10 de Febreiro os alumnos de 4º de ESO acudiron a Santiago cos seus titores para coñecer de cerca as instalacións e funcionamento do Parlamento de Galicia. Pola tarde fixeron un percorrido guiado polas cubertas da Catedral de Santiago admirando a riqueza patrimonial desde unha orixinal perspectiva.
|
PROBAS COMBINADAS DE ATLETISMO. O domingo 7 de febreiro disputouse en Ourense o Criterium Galego de probas combinadas en pista cuberta. O cambio de sede motivada pola folga do persoal de instalacións deportivas, nun principio ía ser en Coruña, minguou a representación do Mercedarias. Finalmente media ducia de camisetas vermellas e amarelas competiron no módulo de atletismo de Ourense. Aínda que a organización deixou moito que desexar, chegando a un atraso de máis de hora e media que obrigou a comer aos nenos preto das 4 da tarde e virnos a casa sen saber os resultados... quedámonos co ben que o pasaron...
|
|
|
CHOCOLATE SOLIDARIO. O luns 8 de febreiro tomamos no colexio un ano máis, durante o recreo, un chocolate solidario, cuxa recadación vai parar a Mans Unidas. Debido á hora e ao exquisito aroma que desprendía o chocolate, a verdade é que todo o mundo colaborou de moi boa gana.
|
CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS. O sábado 30 de xaneiro desprazámonos cunha vintena de atletas ata A Pobra do Caramiñal para disputar o Campionato Provincial de Campo a través. Algún dos nosos compañeiros, que estaban clasificados, non puideron desprazarse para ir competir por diferentes causas. Alejandro Rodríguez non competiu por causa dunha distensión muscular, ¡ánimo Alex xa haberá máis carreiras! Nesta ocasión, o esforzo e o ben que se correu non estivo recompensado cos bos resultados. No deporte, aínda que un fágao moi ben, se outros o fan mellor... non queda máis que darlles o parabén e sentirnos orgullosos do esforzo realizado.
|
|
|
DÍA DA PAZ. O venres 29 de Xaneiro celebramos no Colexio o Día da PAZ., baixo o lema "O camiño para a paz, paz para o camiño". Os alumnos de todos os cursos de infantil, primaria e secundaria recrearon o Camiño de Santiago, e na súa peregrinaxe foron cargando a mochila do camiñante con valores necesarios para a paz: paciencia, esforzo, tolerancia, solidariedade, gratitude,... Cada curso foi presentando a súa achega ao camiño da paz con variadas actividades como cancións, contos e escenificacións que resultaron moi entretidas.
|
MENSAXE DO SECRETARIO XERAL DA CBD - MONTREAL. Enviamos o noso proxecto "Nature Voice Project" á Convención para a Biodiversidade (CBD), que é a Axencia de Nacións Unidas con sede en Montreal encargada de organizar todas as actividades do 2010 Ano Internacional da Biodiversidade. O Secretario Xeral deste organismo Dr. Djoghlaf contestounos felicitándonos polo proxecto e mandounos unha mensaxe para que transmitamos a todos os membros do noso Colexio.
|
|
O NOSO ALCALDE VISITA O COLEXIO PARA COÑECER O PROXECTO VOZ NATURA. O Alcalde de Ferrol Vicente Irisarri tiña moito interese en coñecer de cerca os obxectivos e as actividades de noso proxecto Voz Natura, xa que este curso está dedicado á nosa Ría. O Alcalde xunto co Concelleiro de Deportes e Participación Cidadá Manuel Santiago, quedaron encantados ao ver o acuario de auga mariña, todos os traballos expostos, así como as actividades que están programadas como é a Marcha Ciclista. Finalmente visitou a un grupo de alumnos en clase, e ademais de felicitarlles polo noso traballo, animounos a que axuntásemos esforzos todos os ferroláns para defender a riqueza da nosa Ría.
|
|
|
CAMPO A TRAVÉS. O sábado 23 de Xaneiro disputouse a Fase Intercomarcal de Campo a través, coincidindo coa 4ª Xornada do Circuíto Ferrolán. Unha vez máis, a representación do atletismo Mercedarias foi numerosa asegurando así o Primeiro posto do Circuíto Ferrolán. Doutra banda, os resutados foron moi bos tanto a nivel individual como por equipos. Na categoría Cadete feminino subiu ao podium Tania Villasuso para recoller a medalla de bronce. Na categoría Infantil Masculino Héctor Rivas consuguió o Bronce, pero por equipos levou a prata xunto aos seus compañeiros Carlos Nebril, Joaquín Torres e Pablo Pedrosa. O equipo alevín masculino, formado por Alejandro Fernández, Carlos Pedrosa, Carlos Fernández e Salvador Fábregues, levou o ouro. En Benjamín masculino, Alejandro Rodríguez levou o ouro e Manuel Orosa a prata e xunto aos seus compañeiros Juan Muiños e Martín Rodil conseguiron o ouro por equipos. As benjamines Henar Mariño, María Pillado, Lucía Nebril e Carmen Saura proclamáronse campioas por equipos na súa categoría.
|
CARREIRA DE SAN XIAO. O domingo 17 de Xaneiro,por mañá a choiva permitiu que se celebrase unha nova edición da Carreira San Xiao. Como é habitual nesta carreira, procedeuse a dar 3 saídas diferentes segundo as categorías. Os benjamines e alevíns completaron un percorrido de 900 m, os infantís e cadetes 2700m e xa os que pasan dos 16 anos completaron un circuíto de 10 Km. Cabe destacar o 1º posto de Alex Rodríguez na categoría benjamín. Tivemos representación en todas as categorías menores, tanto en masculino como en feminino. Na de maiores o "profe" Coke foi o único que se puxo a camiseta Mercedaria.
|
|
ECODETECTIVES MARIÑOS. Os alumnos do Terceiro Ciclo de Educación Primaria teñen como obxectivo "Sensibilizarnos sobre a respercusión da contaminación na riqueza marisqueira". Para iso, unha das actividades a desenvolver é realizar fotografías dos lugares máis contaminados e expolas.
|
|
MIGUEL INDURÁIN APADRIÑA NOSO PROXECTO VOZ NATURA. Induráin fué gañador do Tour de Francia durante cinco anos consecutivos e do Giro de Italia en dúas ocasións consecutivas, ademais de Campión do Mundo Contrarreloxo e Campión Olímpico Contrarreloxo. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes. Hoxe en día entre outros cargos ostenta o de ser membro do Comité Olímpico Español. ¡¡Moitas grazas polo teu apoio!! Carta
|
|
|
BELÉN VIVENTE. O 22 de decembro, os nenos de Educación Infantil representaron un Belén vivente. Este ano Xesús "naceu" nunha contorna mariñeira como o noso. Desta forma enlazamos a tradicional celebración, co Proxecto Voz Natura que estamos realizando este curso "A nosa Ría, rica rica..." Os máis peques eran os peixes e os de 5º de Infantil os mariñeiros deste especial Nacemento. Os maiores do Ciclo encargáronse de representar os papeis principais. |
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS. O 22 de decembro os alumnos de ESO fixeron un festival de panxoliñas. Para ser o primeiro ano, non estivo mal, temos que preparalo mellor e ensaiar máis para os próximos Nadais. Aínda así o xurado valorou que os alumnos de 1º de ESO cantaran mellor.
|
|
|
MISA DO APA. O sábado 19 de Decembro, pola tarde, tivo lugar na igrexa do colexio a tradicional misa de Nadal da Asociacion de Pais e Nais. Nela un grupo de alumnos representaron o Nacemento de Jesús, e o coro da sociedade "A Traíña" de Agarimo, onde actúa a nosa exalumna Mercedes, puxo a nota musical. Despois o APA invitou no salón de actos a un "viño español". |
O XORNAL DO COLEXIO. Dentro da actividade extraescolar de Ludoteca, os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educ. Primaria, xunto con dous titores están creando o xornal do Colexio “LA VOZ MERCEDARIA”. Esperamos que vos guste, interésevos e axudar a melloralo. |
|
|
CAMPO A TRAVÉS E JUDO. Na mañá do sábado19 de Decembro, celebrouse nas Cabazas a 2ª xornada do Circuíto Ferrolán de Campo a través. Con esta proba terminamos as carreiras por este ano. O 17 de xaneiro esperámosvos a todos na carreira de San Xiao en Esteiro.
Os Judocas do Cole participaron no Torneo de Minikatas de Judo de Ferrolterra. Este torneo, organizado polo ximnasio Eumegyn, celebrouse no pavillón de San Valentín (Fene)
|
ATLETISMO. Domingo 13 de Decembro cheo de atletismo. Pola mañá, en San Valentín disputábase unha nova edición do Memorial Adolfo Ros "Volta a Ría", e como sempre hai unha proba de categoría menores...e o Atletismo Mercedarias estivo alí e levámonos algún trofeo.
Tamén tiñamos unha cita coa Pista Cuberta. Xa desde pola mañá os benjamines e alevíns do Cole competían en Riazor. Pola tarde a quenda era para os infantís. Aínda que a maioría viñan xa de competir en San Valentín, aínda lles quedaban forzas para facer unha boa participación. |
|
|
VIAXE EN BARCO POLA RÍA. O día 3 de Decembro os alumnos de 3º e 4º de ESO, dentro do Proxecto Voz Natura, embarcamos nun buque da Armada para coñecer as características morfológicas da Ría, as súas praias, os seus castelos, e que serviu para moitos de nós como bautismo de mar. Tamén visitamos o Arsenal Militar para coñecer as construcións que optan á candidatura de Ferrol Patrimonio da Humanidade, e no Museo Naval vimos as embarcacións que asucaron a nosa Ría no pasado. |
CAMPO A TRAVÉS. O sábado 28 disputouse a 1ª xornada do Circuíto Ferrolán de Campo a través. Unha trintena dos nosos compañeiros trasladáronse ata Esmelle coas súas camisetas vermellas e amarelas. Ademais de sumar 29 puntos para Mercedarias, algúns conseguiron chegar entre os 3 primeiros, levando unha medalla para casa. Alex Pérez levou unha de ouro e Manuel Orosa a de prata na categoría benjamín masculino. Carmen Saura levou o broce en benjamín feminino. Rubén Soto, alevín masculino, sumou unha de prata á súa colección. Algúns dos nosos compañeiros non puideron ir ao coincidirlles cos partidos de baloncesto. A ver se na próxima carreira do día 19 podemos ser aínda máis.
|
|
|
MAGOSTO EN ED. PRIMARIA. Os alumnos do Primeiro Ciclo de Primaria celebramos, o xoves 19 de novembro, o noso tradicional magosto. Pasámolo en grande facendo primeiro o colar de castañas e logo coméndoas. Fixo unha tarde típica de outono: vento e frío, só faltou a choiva. |
ATLETISMO. O domingo 15 a choiva non permitiu celebrar a competición de Atletismo que organizaba a Asociación de Ex-alcohólicos. Como os mozos e mozas de Mercedarias ao mal tempo ponlle boa cara, presentáronse dispostos a participar. Ao final tivéronse que conformar con facer unha carreira simbólica de 60 m. Agora hai que esperar ao día 28 para correr en Esmelle. ¡¡¡Temos que ir todos!!!
|
|
EXCURSIÓN AS MÉDULAS. O xoves 12 de Novembro, visitamos os restos romanos "As Medulas" na comarca do Bierzo. Alí, unha guía mostrounos como os romanos, fai máis de mil anos, extraían ouro das montañas, cunha nova técnica, que consistía en introducir auga a presión no interior das montañas.
|
|
|
O MAGOSTO. O venres 6 de Novembro os nenos/as de E.Infantil celebramos "O Magosto". Os maiores de Infantil representaron unha obra sobre o outono. Cando terminamos de ver a representación comemos as castañas de de os nosos colares. |
SAÍDA Á PRAIA DE LAGO. O pasado 3 de Novembro, os alumnos/as do Primeiro Ciclo de Primaria visitaron a praia de Lago en Valdoviño, dentro do Proxecto Voz Natura. Alí recollemos cunchas, pedras,… e tamén estivemos limpando unha parte da praia.
|
|
|
FONDOS MARIÑOS. Dentro do Proxecto Voz Natura 2009-2010, o Primeiro Ciclo de Primaria, organizou un concurso de fondos mariños. Participaron todos os alumnos deste ciclo e os tres mellores debuxos de cada clase foron premiados con diploma e material de debuxo. Todos os debuxos serán utilizados nun cómic sobre a Ría de Ferrol |
SAÍDA DE ED. INFANTIL. O mércores 27 de outubro, dentro do Poyecto Voz Natura, os alumnos de 4 e 5 anos fomos á praia de Caranza. Paseamos por esta parte da nosa Ría, gozamos da paisaxe e recollemos as cunchas que fomos atopando.
|
|
|
SENDEIRISMO POLA RÍA. O día 7 de Outubro, dentro do Proxecto Voz Natura, os alumnos de 3º e 4º de ESO fixemos unha marcha de sendeirismo bordeando a Ría de Ferrol desde Mugardos ata a entrada da Ría en Punta Segaño, e continuamos a Chanteiro. Puidemos admirar a riqueza da paisaxe , as características únicas da Ría e as súas fortificaciones defensivas. |
NUESTROPROYECTO DE VOZ NATURA
PARA ESTE CURSO
|
|
 |
FESTA DA MERCÉ. O día 24 de Setembro celebramos a Festa en honra da Virxe da Mercé. Foi unha xornada emotiva para todos nós, que comezamos cunha celebración da Eucaristía no pavillón do Colexio, onde baixo o lema “Jesús e María da Mercé camiñan connosco”, expuxemos os nosos obxectivos e desexos para o novo curso. A continuación todos achegamos a nosa axuda para a Tómbola das Nenas da rúa de Méjico e terminamos a mañá cunha animada liguiña de partidos de brilé. |
CAMPAMENTO DE VERÁN. Os alumnos de 1º e 2º da E.S.O. gozamos duns días estupendos no Monte do Gozo (Santiago). Alí compartimos o noso tempo e as nosas experiencias con mozos e mozas da nosa idade que estudan noutros colexios de Mercedarias. Gozamos moito, visitamos algúns recunchos de Galicia, rezamos xuntos, e algo moi importante: reencontrámonos cos nosos amigos ou engadimos novos nomes á nosa lista de persoas ás que queremos e recordamos.
|
|
|
|